jueves, 16 de enero de 2014

Comenzo 2014




Tras a anual posta a punto de principio de curso, especialmente para integrar os novos membros do coro, e aprender o novo repertorio, xa estamos preparados para comenzar a nova tempada.


Publicamos o programa, co correspondente folleto artístico, que inclúe,como todos os anos,  un deseño realizado por estudantes de Arte. Este ano, as autoras do mesmo son Xu Siyi e Xu Sixing, de 2º D de Bacharelato.

Como novidades, presentamos unha tenra canción xaponesa, con delicada coreografía, chamada Akai Hana, que cantarán só as compoñentes femininas do coro; unha canción Serbia, Niska Banja, que fala da cidade termal serbia de Nis, e que fai referencia á bondade das súas augas e á vida da xente, con ritmo de música romaní-xitana; unha canción brasileira, Verde Mar, con moito ritmo, como non pode ser menos; e  Cantio, baseada nunha melodía do Século XVI.

Ademais, recuperamos Balaio, canción brasileira en ton romántico. Repetiremos Singing All Together, un divertido canon músico-vocal e coreográfico;  Tears in Heaven, unha agarimosa canción de Eric Clapton, dedicada ó seu neno que morreu tras caer pola fiestra;  Riversong, unha canción do folklore irlandés;  e, como fin de festa, Dúbula, coa súa potente performance vocal e coreográfica africana, en lingua Xhosa, nome da lingua e tribu na que naceu Nelson Mandela; polo que aproveitamos a ocasión para facerlle unha homenaxe a este personaxe tan especial, tras o seu recente falecemento.

Tamén nos acompañará o grupo de Jazz, Corda Negra, formado por catro alumnos do instituto, con longa participación nas actividades do coro e da banda: Pablo Costas, pianista; Alexandre Blanco, frauta; Xurxo Estévez, baixo e Enrique Pérez-Ardá, batería.

Esperamos contar coa asistencia de alumnos, pais, avós, ex-alumnos e afeccionados á música, para compartir uns momentos agradables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.