Monday, May 12, 2014

Intercambio Ies Galileo de Valladolid

Durante os días 21, 22 e 23 recibimos a uns 35 alumnos e tres profesoras do Ies Galileo de Valladolid, con motivo do intercambio entre os coros dos dous centros.
Foi unha experiencia nova y sorprendente, para mín  !Nunca pensei que se puidese cantar tanto! Viñan a cantar con nos, e abofé que cantamos.
Tras a recepción no instituto e comida "bufet galego"- sobrou moito máis do que comemos, tivemos tres horas de ensaio, dirixidos polas dúas directoras, Clara de los Ojos Moral e Luisa Sánchez, do repertorio común.  Insistiron moito na téctina vocal, expresividade e actitude.  Hai que suliñar que dirixir un coro de máis de 70 personas, que nunca cantaron xuntas require uhna actitude e unha motivación moi especial por parte das directoras.  O resultado foi realmente satisfactorio- non direi espectacular, porque son parte participante. 
Tras o ensaio, os rapaces fóronse cos seus colegas de acollida, a disfrutar do resto do último día das vacacións de Semana Santa.
O martes 22, comenzamos ás 9 da mañán cuns exercicios de voz e preparación, especialmente longos e cuidados, porque o día ía ser longo; a cargo de Ramón, o profe de canto.  Transporte de material ó auditorio, ensaio de repertorios individuais e colectivos, en sesións de mañán e de tarde.
Cando comezou a actuación, as 8 da tarde, puidemos comprobar que esa especie de concentración que tanto nos sona dos deportes, tivera o efecto desexado.  Incluso os habituales críticos das voces dos rapaces xóvenes, estiveron de acordo en que todo sonou moi ben, e, a pesar de que a Champions nos quitou bastante público, non faltaron os fans habituais.  Recibimos moitas felicitacións e nós quedamos contentos co resultado e ca experiencia.
O día 22, os alumnos foron de excursión, cos seus compañeiros de acollida ata o Grove.
Xa estamos desexando devolver a visita a fin de curso.
Pronto engadiremos fotos a esta entrada.