Monday, March 28, 2016

Concerto Liceo Casino.




Concerto Liceo Casino Pontevedra  

1 de Abril, 2016  8.30 horas


Durme Meu  Neniño

Durme pequeno mar

Tenras cancións de berce compostas por Josu Elberdin.



Compañeira

Compañeira nas noites de tristura, compañeira nas noites de esperanza, paso a paso de alento de tenrura, pedra a pedra no mundo a nosa casa.  Racharemos cadeas que nos prenden, ….  cantaban nos anos 70 Fuxan os Ventos. 
Canción de esperanza por un país máis libre, onde os dereitos se deberían conseguir pouco a pouco e entre todos.  Quizais, 40 anos máis tarde, necesitaríamos recuperar aquel espírito, para saír dunha situación difícil para a maioría.


I want to Be Ready

Quero estar preparado, para entrar en Xerusalem, igual que John. Un espiritual negro perfectamente recoñecible.


Outras tres cancións de Josu Elberdin

Mare Nostrum

O Mediterráneo.  Pode que ningún outro mar concentre no seu redor máis culturas diferentes.  Vía de transmisión de linguas, culturas, ciencia e comercio; tamén escenario de numerosas guerras ao longo da historia.  Tristemente convertido últimamente na desgraciada tumba de milleiros de persoas que fuxen da pobreza e das guerras.
Está composta por tres cancións populares de países ribeireños do Mediterráneo, unha grega, unha albanesa e outra exipcia.

Malakatumba

Parece unha palabra africana.  En realidade foi froito da inspiración para montar unha canción con ritmo e son africano, pero non parece que teña ningún significado.

Jubilate Deo

  En 1535, na Capilla Sixtina de Roma con Pablo III, encargóuse a composición da cantata Jubilate Deo omnis terra con ocasión do tratado de paz entre Carlos V y Francisco I de Francia; da cual, Tomás Luís de Victoria, moitos anos máis tarde, tomaría o introito para a súa Missa Gaudeaums.

O texto está sacado dolibro dos salmos.



Halelluja. 

Unha famosa canción de Leonard Cohen, na que o cantante expresa o seu amor pola música, ata que descubre que o amor da súa parella o atrae máis e non pode prescindir del.  Unha canción de amor con alusións bíblicas, que se popularizou non hai moitos anos ao converterse en parte da banda sonora da película Shrek.

Tears in Heaven.

¿ Collerías a miña man si te vira no ceo? ¿Axudaríasme a sosterme si te vira no ceo? Debo ser forte, e seguir adiante, porque sei que o meu sitio non está no ceo. Atoparei o meu camiño, a través dos días e as noites, porque sei que non me podo quedar aquí no ceo. O tempo pódenos abater, dobrar os nosos xeonllos?   Pero máis alá da porta, hai paz, estou seguro.  E non haberá máis bágoas no ceo.
Esta fermosa canción chea de tristura, tenrura e esperanza, compúxoa Eric Clapton na memoria do seu fillo de 4 anos, que morreu tras caer dende unha fiestra en 1991.


You Raise Me Up. 

Cando estou canso e a miña alma está triste, cando os problemas aflixen o meu corazón, espero en silencio ata que ves a sentarte comigo. E cando chegas e me enches de ilusión, ás veces sinto que contemplo a eternidade.  Se ti me animas e podo subir montañas, se ti me animas eu podo camiñar sobre mares tormentosos; son forte cando me apoio sobre os teus hombreiros; ti lévasme ata máis alá de onde podería chegar.

Esta canción ten o súa orixe nunha das máis representativas cancións da cultura popular Irlandesa, recollida en 1910, titulada Danny Boy. E tan popular, que se chega a cantar en acontecementos deportivos internacionais en Irlanda do Norte.

Dous enlaces para escoitar esta canción:  hay motivos máis.