lunes, 19 de diciembre de 2016

Próximos Concertos

Este ano volvemos a ter concerto de nadal.  En realidade, concertos.

O día 23 ás 5 da tarde, ofreceremos un concerto na Casa da Terceira Idade de Campolongo.  Será unha ocasión especialmente emotiva, polo que supón proporcionarlles uns momentos de ledicia a personas maoires que non teñen a posibilidade de vivir coas súas familias sobretodo nunhas datas tan familiares.

O próximo día 26 de Decembro, ás 20 horas, daremos un concerto no Liceo Casino de Pontevedra, que teñen a amabilidade de cedernos as súas instalacións, onde nos atopamos moi a gusto, tanto pola beleza do escenario, coma pola acústica do local.

O repertorio, incluirá pezas xa coñecidas, panxoliñas e novas incorporacións.  Será o debut dos novos membros do coro, contaremos tamén con algúns exalumnos que seguen con nos, e nos encantados de que así sexa.  Teremos con nos, no seu debut, o "Coro Infantil da Xunqueira", integrado por rapaces do CEIP Xunqueira 1, que interpretarán as 4 cancións que figuran no centro do repertorio.

Enlaces a programa elaborado pola área cultural do Liceo Casino (facer click encima):

Programa

Díptico



sábado, 10 de diciembre de 2016

Manuel Rozados


Homenaxe ó incondicional seguidor 




O pasado 23 de  novembro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a homenaxe a Manuel Rozados, profesor do centro falecido o curso pasado.  Non me vou extender na loubanza da personalidade do compañeiro, xa que non vou mellorar o expresado no emotivo e sincero acto por compañeiros e alumnos, tanto mediante discursos, como fotografías, e un impresionante ambiente de emoción.
¿Cal é logo o motivo de esta entrada?  Moi sinxelo, Manuel Rozados foi, desde os principios do coro, un seguidor incondicional: sempre coa cámara, el e Elena, moitas veces a súa muller, e, por suposto, o seu sorriso.  Sempre disposto a botar unha man na organización de calquera concerto, cea para os intercambios, etc., da mesma maneira que participaba en moitas actividades do centro. 

Escribín o seguinte no álbum de fotos que os alumnos lle regalaron á familia con dedicatorias dos que quixemos, e gustoume comprobar que as diferentes intervencións na homenaxe expresaron a mesma idea en distintos momentos:  “sempre formarás parte do instituto mentres quedemos aquí as persoas que desfrutamos da túa compañía”.

Polo tanto, incondicional seguidor e colaborador, compañeiro e amigo, cada vez que o coro do Ies A Xunqueira 1 suba a un escenario, alí estarás ti, entre o público, coa cámara e o teu perenne sorriso, amosándonos que o esforzo dos ensaios produce o efecto desexado, proporcionar un rato de felicidade ó público, que é o que nos fai felices a nos.