lunes, 13 de febrero de 2017

Ourencantados




Ourencanto fixo honor ó nome nos dous sentidos que se poderían entender do título das xornadas.  Cantamos moito, sobretodo as rapazas e rapaces que participaron coas voces brancas, e volvemos encantados do trato, do canto, do extraordiario director que xa coñecíamos a maioría de nos e da resposta do público no concerto final.  A máis agarimosa noraboa ós organizadores.

A pesares de non ter o repertorio moi traballado, por falla de tempo, houbo momentos máxicos na maioría das cancións -falo do coro xuvenil- nas que Josu Elberdin conseguíu sacarnos delicadas sutilezas vocais, que dan por moi ben empregado o intenso traballo previo.

Personalmente destacaría a curta, preo preciosa peza Lord..., composta polo propio director, e a música relixiosa en xeral.  Tamén Viva la Vida e With or without you que é un tipo de música á que non estamos tan afeitos, ainda que a variedade do repertorio ao longo de 12 anos é tan grande que xa nada parece estrano.

Finalmente, gustaríame facer mención especial ó espectáculo sonoro, pero con un compoñente visual, estético extraordiaro.  Ver as cancións e bailes dos nenos desde a platea do auditorio foi unha ledicia.  Felicidades a quen escolleu as cores das camisetas e as soupo combinar  coas cores das luces en contraste cos brazos blancos dos cantores.  Unha gozada¡¡  Noraboa ós organizadores, Cristina Rodríguez e Carlos Núñez, e grazas pola invitación.

Vídeos
Fotos oficiales
Fotos Facebook

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.