Sunday, March 5, 2017

Salón do Libro de Pontevedra



O mundo que queremos será unha celebración musical na que tentamos reflexar o mundo que os xoves queren.  Un mundo cheo de música, en harmonía coa natureza, no que a bondade, a solidariedade, a cooperación, a mestizaxe cultural, a alegría, a irmandade e o amor pola xente que nos rodea e o medio natural no que se desenvolve a vida diaria constitúan a base da nosa convivencia.

Será unha actuación do coro e a banda do Ies Xunqueira 1 de Pontevedra, trenzada polos textos compostos pola nosa compañeira Lucía Novás.  As cancións estarán relacionadas cos valores xa mencionados e con culturas moi diversas -África, o Mediterráneo, América, Asia, ..., e interpretadas nos idiomas orixinais- de feito na historia do coro utilizamos máis de 20 idiomas distintos.

A cita é o día 12 de Marzo no Auditorio de Pontevedra.

 

18:30 h  Música: Son Xunqueira
Coro e orquestra Nenos no Jazz do IES A Xunqueira I de Pontevedra, cos poemas de Lucía Novas.