jueves, 4 de enero de 2018

Concerto 3 de Xaneiro

Liceo Casino, día 3 de Xaneiro.  Estupendo ambiente na primeira actuación do coro infantil e un coro xuvenil coa importante colaboración dos exalumnos habituais, e fase de preparación para un bo grupo de xóvenes incorporacións.  Un repertorio variado, coa incorporación de algúns temas con interesantes partes de percusión - recreación dunha tormenta na selva, con bichos e todo-.

Felicitación do ano novo aos seguidores habituais e cada vez máis personas que nos van coñecendo e veñen a escoitarnos e vernos. E para todos os que a leades, por suposto.


Desexámosvos un novo ano coral

Onde as persoas coas que vos relacionedes
Sexa na familia, traballo ou sociedade
Vivan nun ambiente de igualdade, 
Sen ter en conta sexo, color nin habilidades.

Un ano novo coral
En que compañeiros, paisanos e amigos  
Traballen, convivan e cooperen,
Contribuíndo cada un cos seus medios, 
Para acadar o éxito colectivo, non só individual.
É o que no coro se chama empastar.

Un novo ano coral,
No que esteades rodeados de harmonía,
Porque todos os que vos rodean
Aportan o mellor que saben e poden,
Para que sexa agradable e fermosa a vida.
Como achega cada coralista o seu color, tono e timbre,
Para que o coro consiga a mellor das melodías.

Un novo ano coral
En que os líderes sexan os máis competentes,
Capaces de unir tódalas habilidades individuais,
Para beneficio de toda a sociedade,
En vez de para o propio lucimento e proveito.
O que ven sendo nun coro unha directora con moi bo xeito.

E combinando todos os timbres, cores, tonos, potencias e habilidades,
Que semellan palabras  parecidas, senón iguais,
Conseguir que a vida, as relacións laborais, familiares e sociais,
Formen unha fermosa e armonica melodía,

Como conseguen crear con frecuencia as boas corais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.