Tuesday, January 2, 2018

Concertos Nadal

Tras o concerto de música sacra o día 27 na igrexa de S. Bartolomé, mañán día 3 celebraremos un concerto máis animado e variado no Liceo Casino de Pontevedra.


Coro do I.E.S. A Xunqueira I de Pontevedra

Está formado por cincuenta rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os doce e os vinte anos,
todos eles alumnos deste centro de ensino secundario, que sacrifican os seus recreos e algunhas tardes
para gozar do canto coral. Nesta agrupación tamén participa profesorado e antigo alumnado.
O repertorio que adoita interpretar responde o seu espírito novo e a súa estreita colaboración nos actos
académicos da comunidade educativa.
Ademais este coro está ligado á vida musical pontevedresa coa súa participación en certames corais
como o  Festival de Corais Deputación de Pontevedra, o  Festival de Corais Xuvenis de Meis, a
Semana da Música do I.E.S. A Xunqueira II, o Concerto 150 aniversario do Conservatorio Manuel
Quiroga de Pontevedra.
Xa son doce anos de música, nos que, baixo a dirección de María Luisa Sánchez e coa  colaboración da
Banda Musical do Instituto dirixida por Miguel Ángel Rodríguez,  gravaron varios discos: Rock no
ensino público , Nenos no Jazz e o seu último traballo Son Xunqueira, editado en 2016 e resultado final
da súa participación no Contrato Programa da Xunta de Galicia na súa liña para Acadar a Excelencia.
Dende a dirección, fomentase a formación vocal dos nosos coralistas así como a participación de toda a
comunidade educativa nun ambiente de colaboración co entorno e coas familias.
Nesta liña o coro realiza cursos e intercambios con diversas formacións corais: Coro María Guerrero de
Collado-Villalba; coro Galileo de Valladolid; Festival Ourencanto...
O noso anhelo…disfrutar xuntos e con vos da música coral.

Coro do CEIP A Xunqueira I de Pontevedra

Fundado no curso 2016-17 por nenos e nenas dese centro de primaria, pretende achegar o canto coral aos máis pequenos e ser a canteira para o coro do IES A Xunqueira I.

Xusto aos poucos meses da sua formación xa participou como coro invitado no certamen Ourencanto


Programa Liceo Casino Pontevedra, 3 de Enero de 2018.

CORO A XUNQUEIRA I

CAN’T HELP FALLING IN LOVE…………………………….Weiss/Peretti/Creatore
LORD, YOU ESTABLISH PEACE FOR US……………………Josu Elberdin
KESHET L’VANA (Un arcoíris blanco)………………………...Josef Hadar

-- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- --

DA ROSA ROSIÑA……………………………………………...Julio Domínguez
SAMBA LELE………………………………………………...…Popular de Brasil
LA CUCARACHA…………………………………………….…arr. Josu Elberdin
MANTUSHA LUPAMUSHA……………………………….......Josu Elberdin
I SEE THE MOON…………………………………………...... .Denise Bacon
ZULU WARRIOR……………………………………………..…Tradicional Zulú
AIRIA………………………………………………………....….Xabier Sarasola
IO SONO UN BAMBINO………………………………….....….trad. Italiana
HOTARU KOI………………………………………….……........trad. japonesa

-- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- -- --

MARY POPPINS IT’S COMING………………………………..Josu Elberdin
WADE IN THE WATER………………………………………….Espiritual tradicional
MARE NOSTRUM……………………………………………….Josu Elberdin
BONSE ABA……………………………………………………..Trad. Zambia

No comments:

Post a Comment

Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.