Thursday, January 16, 2014
Comenzo 2014
Tras a anual posta a punto de principio de curso, especialmente para integrar os novos membros do coro, e aprender o novo repertorio, xa estamos preparados para comenzar a nova tempada.
Publicamos o programa, co correspondente folleto artístico, que inclúe,como todos os anos, un deseño realizado por estudantes de Arte. Este ano, as autoras do mesmo son Xu Siyi e Xu Sixing, de 2º D de Bacharelato.
Como novidades, presentamos unha tenra canción xaponesa, con delicada coreografía, chamada Akai Hana, que cantarán só as compoñentes femininas do coro; unha canción Serbia, Niska Banja, que fala da cidade termal serbia de Nis, e que fai referencia á bondade das súas augas e á vida da xente, con ritmo de música romaní-xitana; unha canción brasileira, Verde Mar, con moito ritmo, como non pode ser menos; e Cantio, baseada nunha melodía do Século XVI.
Ademais, recuperamos Balaio, canción brasileira en ton romántico. Repetiremos Singing All Together, un divertido canon músico-vocal e coreográfico; Tears in Heaven, unha agarimosa canción de Eric Clapton, dedicada ó seu neno que morreu tras caer pola fiestra; Riversong, unha canción do folklore irlandés; e, como fin de festa, Dúbula, coa súa potente performance vocal e coreográfica africana, en lingua Xhosa, nome da lingua e tribu na que naceu Nelson Mandela; polo que aproveitamos a ocasión para facerlle unha homenaxe a este personaxe tan especial, tras o seu recente falecemento.
Tamén nos acompañará o grupo de Jazz, Corda Negra, formado por catro alumnos do instituto, con longa participación nas actividades do coro e da banda: Pablo Costas, pianista; Alexandre Blanco, frauta; Xurxo Estévez, baixo e Enrique Pérez-Ardá, batería.
Esperamos contar coa asistencia de alumnos, pais, avós, ex-alumnos e afeccionados á música, para compartir uns momentos agradables.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment
Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.