Saturday, December 10, 2016

Manuel Rozados


Homenaxe ó incondicional seguidor 




O pasado 23 de  novembro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a homenaxe a Manuel Rozados, profesor do centro falecido o curso pasado.  Non me vou extender na loubanza da personalidade do compañeiro, xa que non vou mellorar o expresado no emotivo e sincero acto por compañeiros e alumnos, tanto mediante discursos, como fotografías, e un impresionante ambiente de emoción.
¿Cal é logo o motivo de esta entrada?  Moi sinxelo, Manuel Rozados foi, desde os principios do coro, un seguidor incondicional: sempre coa cámara, el e Elena, moitas veces a súa muller, e, por suposto, o seu sorriso.  Sempre disposto a botar unha man na organización de calquera concerto, cea para os intercambios, etc., da mesma maneira que participaba en moitas actividades do centro. 

Escribín o seguinte no álbum de fotos que os alumnos lle regalaron á familia con dedicatorias dos que quixemos, e gustoume comprobar que as diferentes intervencións na homenaxe expresaron a mesma idea en distintos momentos:  “sempre formarás parte do instituto mentres quedemos aquí as persoas que desfrutamos da túa compañía”.

Polo tanto, incondicional seguidor e colaborador, compañeiro e amigo, cada vez que o coro do Ies A Xunqueira 1 suba a un escenario, alí estarás ti, entre o público, coa cámara e o teu perenne sorriso, amosándonos que o esforzo dos ensaios produce o efecto desexado, proporcionar un rato de felicidade ó público, que é o que nos fai felices a nos.


No comments:

Post a Comment

Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.