Saturday, January 14, 2017

Ourencanto





Os días 4 e 5 de Febreiro estamos convidados a unha reunión de coros infantís e xuvenís en Ourense.

Estamos traballando duramente para poñer a punto o repertorio.  Unha vez máis teremos o privilexio de disfrutar un día de ensaios baixo a dirección de Josu Elberdin, ademáis de coñecer moitos rapaces de outros coros e participar no que seguramente será unha ocasión especial, o concerto de clausura, coa participación de todos os coros.  Un mínimo de 153- participantes inscritos ata o momento- cantores interpretando cancións; algunhas delas  todos xuntos.

Toda a información no seguinte enlace:

Información e programa das xornadas.

No comments:

Post a Comment

Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.