martes, 19 de abril de 2016

Vídeos curso Elberdin e Liceo Casino

Os días 19 a 21 de Febreiro tivemos unhas  xornadas co profesor Josu Elberdin en Llanes, Asturias.  Foi unha experiencia extraordinaria, que compartimos cos nosos amigos do Coro Vicente Herrero de Valladolid, ser  dirixidos por este xenial director e compositor.  Aparte, aproveitamos un día para coñecer unha parte de Asturias onde visitamos o Museo do Jurásico e o Museo da Minería.

No eido musical, disfrutamos un sábado en xornada de mañán e tarde, e domingo pola mañán de ensaio con J. Elberdin.  Unhas xornada  moi especiales para todos, ao poder contar coas ensinanzas de un mestre que, con paciencia e unha admirable conexión cos adolescentes - conseguíndo manter a concentración de todos durante horas,  perfeccionando a interpretación e as coreografías dun repertorio totalmente seu.

Froito de esa experiencia, e de moitos máis ensaios desde entonces, esta actuación no Liceo Casino, que resultou moi satisfactoria tanto pola resposta do público, como polas cualidades acústicas e o entorno.

Remato  agradecendo  á directiva e administración do Liceo Casino as facilidades e a amabilidade.


Enlace vídeos