Fai
moitos anos que o IES A Xunqueira I soa a música. Mentres fas unha
garda ou traballas no departamento coa ventá aberta, podes oir dende
xilófonos ou frautas, ata baixos, baterías, trompetas, piano.... e
cancións. Dous ou tres recreos á semana, os de secretaría
disfrutan, e pode que incluso ás veces se cansen, de escoitar os
ensaios do coro na áula de música, mentres na outra aula ou no
salón de usos múltiples, soan instrumentos de todos os tipos,
incluso polas tardes.
Dende
aquel "O Cuco" ou "Tant que Vivray", de Sermisy,
ata as cancións estrela dos últimos anos, "Iparadhisi" ,
Syahamba", "Halleluja" ou “Can't Help Falling in
Love” pasaron uns dez anos nun suspiro. Daquela, a parte masculina
eramos catro profes: Miguel e Couso, baixos, e Fermín e Arturo,
tenores. Mulleres sempre hai máis. Luisa, que facía de
contralto, e un grupo non moi grande de alumnas. As primeiras
actuacións foron na sala de usos múltiples do instituto, que non é
un sitio ideal para actuacións. Era algo novo, sinxelo,
modesto. A orquesta era moito máis numerosa que o coro.
Recordo
a primeira actuación no Teatro Principal. Metémonos nos
camerinos. Todos estabamos nerviosos; era a primeira vez para a
maioria. A actuación resultou brilante para unha orquesta
numerosa con bastantes alumnos que tocaban realmente ben. Quero
destacar a sección de frautas, que eran os alumnos do instituto que
non tocaban nin en bandas, nin no conservatorio, era creación dos
profes do instituto. Soaba moi ben. Da calidade de aquela
orquestra quedou constancia no CD “Rock no Ensino Público”.
Para o coro fora difícil. Pouco coro para tanta orquestra.
Recordo o solo de Fermín e Arturo no Balaio. Démolo todo.
Resultado, "non se vos oía", dixéronme logo. De feito, o
coro non participou no disco porque ainda estabamos bastante verdes.
As
cousas foron avanzando. Viñeron as clases de Daniella.
Respiración, colocación da voz, preparación para cantar. Foi
unha gran experiencia, que a algúns mesmo mos axudou a falar mellor
e cansarnos menos nas clases. E o coro foi tomando vida
propia. Empezamos a ter cancións con acompañamento, pero sen
toda a orquesta, oíasenos. Luísa fíxose cargo dos ensaios e
da dirección do coro e Miguel dedicouse a banda. E nuns tres anos,
contando cunha xeración de alumnos participativos e coa tradición
que fixo que cantar no coro non fose xa unha actividade de unas
poucas nenas e catro alumnos “raros”, a evolución foi realmente
espectacular. Penso que os profesores percibiron que se creara o
ambiente adecuado para progresar e non deixaron escapar a ocasión.
Tres recreos de ensaio e duas horas nas tardes dos xoves para
preparar a grabación dun novo disco.
Eramos
máis de 50 personas na aula de música, e a representante da
Consellería que veu ver o ensaio tiña expresión de “non me
esperaba isto, nin de coña”. Axudáronos económicamente para
facer a grabación no Auditorio o día 14 de Abril de 2010. Foi un
día moi especial para todos; estivemos no auditorio dende as 9 da
mañán ata as 10 da noite: ensaio, proba, “hai que cambiar os
micros”, “hai que poñer pantallas, que non nos oímos”, comer,
volta a preparar e ensaiar e, finalmente, a actuación, cunha
importante asistencia de público, dende compañeiros e amigos de
profesores e alumnos ata pais e autoridades municipais e da
Consellería. A grabación rematouse ó comenzo do curso 2011-12
nunha sala do Auditorio.
O
resultado está ahí, o CD “Nenos Do Jazz”, 19 pezas musicais
dunha calidade sobresainte para un centro de ensino. O resultado ven
do traballo, entusiasmo e vocación de dous profes que pensan que
estudiar música non ten sentido se non pon en práctica, e da
ilusión e apoio das distintas direccións, empezando por Domingo
Costas e seguindo por Lola Varela e os seus equipos directivos;
ademáis dos profesores e profesoras que colaboramos no coro, os
seguidores e seguidoras habiuais, como Elena, Luísa Fernanda ou
Rozados, a quén debemos a maioría das fotos e grabacións, e en
xeral todos os membros do claustro que son comprensivos cando os
alumnos da División Músical faltan por ensaio xeral ou actuación,
e que nos animan alí onde actuemos, o que sucede con frecuencia nos
últimos anos.
Neste
curso tivemos a Presentación do disco Nenos Do Jazz no Teatro
Principal, Festival de Navidade do instituto, Festival de Navidade no
Mercantíl de Pontevedra, Xuntanza de coros da Diputación Provincial
no Teatro Principal, onde eramos o único coro xuvenil -coa
excepción de 3 profes-, Xira por 3 institutos e a Casa da Cultura de
Monforte de Lemos, Semana da Música do IES a Xunqueira 2, outra
actuación en Maio no Mercantil e supoño que quedarán unhas cuantas
máis.
Outro
aspecto importante durante este curso foi a presencia nos medios de
comunicación: Radio Galega, TVG e TVE Galicia pasaron polo centro
para informar das actividades do Coro e Orquestra do instituto, tamén
pasamos por Localia donde nos entrevistaron no Trolebús, tras vernos
no Mercantil – e comprobar que cando se fala do Coro do Instituto a
miúdo xa non se fala do Coro de Ex Cantores do Ies Sánchez Cantón,
senon que hai alumnos “en activo” que cantan. Por outro lado, a
presencia nos medios escritos é moi habitual.
Un
aspecto que compre resaltar é a educación musical, que levou aos
alumnos do centro a ver de que hai máis música que a que sae nos
“40 principales,” que supuxo todo este proceso e tradición.
Dende as primeiras actuacións fai uns 10 anos, donde o silencio e a
atención eran un problema, ata entender que ten que haber silencio
absoluto para afinar os instrumentos ou dar a nota, e o respecto e
aprecio polo que tocan e cantan os compañeiros hai un abismo. Uns
100 alumnos, unha quinta parte dos alumnos do centro, participaron no
CD, aparte de concertos de grupos de música moderna no centro, nos
que participaron moitos outros.
A
directora, Luísa, estivo de baixa para criar a Mateo, o seu segundo
fillo, e volve con gañas e novas cancións; hai moitas rapazas e
rapaces, incluso de 1º da E.S.O. que xa se integraron no coro-
porque se marcharon bastantes cantor@s do ano pasado, e a música
sigue soando no noso instituto. Que sexa por moitos anos.
Dende
fai pouco, temos tamén un blog e unha páxina, que pretenden dar a
coñecer as actividades do coro e banda, mostrar fotos, videos da
historia do coro, enlaces a vídeos en Youtube, notas de prensa,
actuaciónsetc., e permitir que toda aquela persona que queira poida
participar con comentarios ou con aportacións sobre o noso traballo.
Estamos empezando, espero que os membros e fans se animen a
participar.
Google
Site: https://sites.google.com/site/amusicacomoidentidade/
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.