martes, 20 de noviembre de 2018

Primeiro concerto curso 2018-19



Empezamos o curso, un ano mais, pero con un concerto bastante especial.  Por unha parte, porque compartimos cartel e actuación coa Xove Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra; e por pola outra, porque o Coro Xunqueira segue a medrar.  O coro de nenos de primaria abriu as portas a membros de outros centros da cidade e conta con uns 20 coralistas.  Por outra parte, tendo en conta o número cada vez maior de membros do coro que querían quedarse, púxose en marcha unha sección de veteranos, que conta con outros 20 membros, exalumnos e alumnas que volven encantados de participar neste proxecto que pretende seguir mellorando a calidade interpretativa do Coro a Xunqueira

Para empezar, o próximo día 3 de Decembro faremos un concerto no Teatro Principal, con todas as seccións do coro e a mencionada Xove Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.


Interpretaremos un concerto con obras de Josu Elberdin, que inclúe unha parte infantil, e unha parte de nadal.  Remataremos coa xa coñecida obra Por iso cantamos xuntos, onde cantaremos todos os membros dos coros- do Coro Xunqueira, en realidade-.  Uns 80 coralistas, con orquestra.

Queremos aproveitar a ocasión para comunicarvos que, tras acadar o 1º premio no V Concurso Nacional de Coros Escolares do Ministerio de Educación, o seguinte reto é ir a Roma e participar nun encontro coral onde, aparte de facer unha actuación en solitario, trataremos de seguir progresando ao ter a oportunidade de coñecer coros de outros países e compartir con eles a experiencia única de cantar no Panteón de Agripa.

Esperámosvos a todos.  Ide reservando invitación.