martes, 13 de julio de 2021

O ano dos ollos

 



Levamos un ano sin vernos as caras.  Somos humanos con pelo frente, ollos e careta.  

Espero que, agora que empezamos a vernos o as caras outra vez, non o estraguemos - ¡pouca fe na sensatez humana!-.

Sen embargo, nun ano onde a actividade coral quedou reducida a nada na maioría dos casos, o Coro do IES A Xunqueira I continuou traballando, con enorme prudencia, con todo o protocolo e máis, e conseguiron rematar o curso.

Non prepararon un repertorio amplo, non houbo concertos hasta a primavera, salvo un par de cancións no baixo exterior do instituto.  Nin sequera estou ben enterado de toda a actividade porque coa maldita pandemia estiven desconectado.  

Ademais, a última vez que fomos ó concurso nacional a Madrid comenteille a Luisa: "son unha anomalía neste coro xuvenil", é hora de que me quede soamente en Vinderel, o coro de veteranos que, coa incorporación de dúas xeneracións de graduados/as - anque os mozos se quedan moito menos -, xa vai ser numeroso e estamos empezando outra vez.

A pesar de todo, o coro sempre nos sorprende con algo novo, orixinal e marabilloso.  Aparte de felicitalos a todos, á dire, Luisa, e ós rapaces e rapazas, estou encantado de compartir estes preciosos vídeos - que xa levan un tempo nas redes-, en colaboración co programa Manciñas, organizado polo concello de Pontevedra.

As obras de calidade implican tempo e traballo, pero o resultado paréceme emocionante e un paso máis no repertorio e progresión deste coro, sobre todo nun ano tan complicado para todos.

¡Parabéns¡ Aínda que non cante con vos, sempre seredes o "meu coro". 


Can you hear me?

Durme meu meniño



Arturo Neira.