jueves, 19 de enero de 2017

Concerto Nadal

Concerto Liceo Casino

O pasado 26 de Decembro celebramos o Nadal con un concerto no Liceo Casino de Pontevedra.

En palabras de algún veterano do coro, "sentinme parte de algo importante".  Quedamos encantados, tanto polo trato do Liceo e pola maravillosa decoración navideña, que proporcionou un escenario ideal para o concerto, como pola gran asistencia de público, que encheu o local e premiou a nosa actuación con xenerosos aplausos e moitas felicitacións ó final.   Unha ocasión especial tamén polo debut dos pequenos do Coro Xunqueira, que o fixeron fenomenal.
Gracias a todos, bon ano 2017 e espero que nos vexamos pronto, con algún repertorio novo que estamos traballando.









sábado, 14 de enero de 2017

Ourencanto





Os días 4 e 5 de Febreiro estamos convidados a unha reunión de coros infantís e xuvenís en Ourense.

Estamos traballando duramente para poñer a punto o repertorio.  Unha vez máis teremos o privilexio de disfrutar un día de ensaios baixo a dirección de Josu Elberdin, ademáis de coñecer moitos rapaces de outros coros e participar no que seguramente será unha ocasión especial, o concerto de clausura, coa participación de todos os coros.  Un mínimo de 153- participantes inscritos ata o momento- cantores interpretando cancións; algunhas delas  todos xuntos.

Toda a información no seguinte enlace:

Información e programa das xornadas.