O mundo que queremos será unha celebración
musical na que tentamos reflexar o mundo que os xoves queren. Un mundo cheo de música, en harmonía coa
natureza, no que a bondade, a solidariedade, a cooperación, a mestizaxe
cultural, a alegría, a irmandade e o amor pola xente que nos rodea e o medio
natural no que se desenvolve a vida diaria constitúan a base da
nosa convivencia.
Será unha actuación do coro e a banda do Ies Xunqueira 1 de
Pontevedra, trenzada polos textos compostos pola nosa compañeira Lucía
Novás. As cancións estarán relacionadas
cos valores xa mencionados e con culturas moi diversas -África, o Mediterráneo, América, Asia, ..., e interpretadas nos idiomas
orixinais- de feito na historia do coro utilizamos máis de 20 idiomas
distintos.
A cita é o día 12 de Marzo no Auditorio de Pontevedra.
18:30 h Música: Son Xunqueira
Coro e orquestra Nenos no Jazz do IES A Xunqueira I de Pontevedra, cos poemas de Lucía Novas.