Concerto Liceo Casino Pontevedra
1 de Abril, 2016 8.30 horas
Durme Meu Neniño
Durme pequeno mar
Tenras cancións
de berce compostas por
Josu Elberdin.
Compañeira
Compañeira nas
noites de tristura, compañeira nas noites de esperanza, paso a paso de alento
de tenrura, pedra a pedra no mundo a nosa casa.
Racharemos cadeas que nos prenden, ….
cantaban nos anos 70 Fuxan os Ventos.
Canción de
esperanza por un país máis libre, onde os dereitos se deberían conseguir pouco
a pouco e entre todos. Quizais, 40 anos
máis tarde, necesitaríamos recuperar aquel espírito,
para saír dunha situación difícil para a maioría.
I want to Be Ready
Quero estar
preparado, para entrar en Xerusalem, igual que John. Un espiritual negro
perfectamente recoñecible.
Outras tres cancións de Josu Elberdin
Mare Nostrum
O
Mediterráneo. Pode que ningún outro mar
concentre no seu redor máis culturas diferentes. Vía de transmisión de linguas, culturas,
ciencia e comercio; tamén escenario de numerosas guerras ao longo da
historia. Tristemente convertido
últimamente na desgraciada tumba de milleiros de persoas que fuxen da pobreza e
das guerras.
Está composta por
tres cancións populares de países ribeireños do Mediterráneo, unha grega, unha
albanesa e outra exipcia.
Malakatumba
Parece unha
palabra africana. En realidade foi froito
da inspiración para montar unha canción con ritmo e son africano, pero non
parece que teña ningún significado.
Jubilate Deo
En 1535, na
Capilla Sixtina de Roma con Pablo III, encargóuse a composición da cantata Jubilate
Deo omnis terra con ocasión do tratado de paz entre Carlos V y Francisco I
de Francia; da cual, Tomás Luís de Victoria, moitos anos máis tarde, tomaría o introito para a súa Missa Gaudeaums.
O texto está sacado dolibro dos salmos.
Halelluja.
Unha famosa
canción de Leonard Cohen, na que o cantante expresa o seu amor pola música, ata
que descubre que o amor da súa parella o atrae máis e non pode prescindir
del. Unha canción de amor con alusións
bíblicas, que se popularizou non hai moitos anos ao converterse
en parte da banda sonora da película Shrek.
Tears in Heaven.
¿ Collerías a
miña man si te vira no ceo? ¿Axudaríasme a sosterme si te vira no ceo? Debo ser
forte, e seguir adiante, porque sei que o meu sitio non está no ceo. Atoparei o
meu camiño, a través dos días e as noites, porque sei que non me podo quedar
aquí no ceo. O tempo pódenos abater, dobrar os nosos xeonllos? Pero máis alá da porta, hai paz, estou
seguro. E non haberá máis bágoas no ceo.
Esta fermosa canción chea de tristura, tenrura e esperanza,
compúxoa Eric Clapton na memoria do seu fillo de 4 anos, que morreu tras caer
dende unha fiestra en 1991.
You Raise Me Up.
Cando estou
canso e a miña alma está triste, cando os problemas aflixen o meu corazón,
espero en silencio ata que ves a sentarte comigo. E cando chegas e me enches de
ilusión, ás veces sinto que contemplo a eternidade. Se ti me animas e podo subir montañas, se ti
me animas eu podo camiñar sobre mares tormentosos; son forte cando me apoio
sobre os teus hombreiros; ti lévasme ata máis alá de onde podería chegar.
Esta canción
ten o súa orixe nunha das máis representativas cancións da cultura popular
Irlandesa, recollida en 1910, titulada Danny Boy. E tan popular, que se chega a
cantar en acontecementos deportivos
internacionais en Irlanda do Norte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.