Homenaxe ó incondicional seguidor
O pasado 23
de novembro celebrouse no Pazo da
Cultura de Pontevedra a homenaxe a Manuel Rozados, profesor do centro falecido
o curso pasado. Non me vou extender na
loubanza da personalidade do compañeiro, xa que non vou mellorar o expresado no
emotivo e sincero acto por compañeiros e alumnos, tanto mediante discursos,
como fotografías, e un impresionante ambiente de emoción.
¿Cal é logo o
motivo de esta entrada? Moi sinxelo,
Manuel Rozados foi, desde os principios do coro, un seguidor incondicional:
sempre coa cámara, el e Elena, moitas veces a súa muller, e, por suposto, o seu
sorriso. Sempre disposto a botar unha
man na organización de calquera concerto, cea para os intercambios, etc., da mesma
maneira que participaba en moitas actividades do centro.
Escribín o
seguinte no álbum de fotos que os alumnos lle regalaron á familia con
dedicatorias dos que quixemos, e gustoume comprobar que as diferentes
intervencións na homenaxe expresaron a mesma idea en distintos momentos: “sempre formarás parte do instituto mentres
quedemos aquí as persoas que desfrutamos da túa compañía”.
Polo tanto, incondicional
seguidor e colaborador, compañeiro e amigo, cada vez que o coro do Ies A
Xunqueira 1 suba a un escenario, alí estarás ti, entre o público, coa cámara e
o teu perenne sorriso, amosándonos que o esforzo dos ensaios produce o efecto
desexado, proporcionar un rato de felicidade ó público, que é o que nos fai
felices a nos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Procurade que os comentarios non sexan longos. Se algún membro do coro ou orquestra quere publicar unha entrada longa, ou colaboración, poderá facelo poñéndose en contacto co profe Arturo.