sábado, 10 de diciembre de 2016

Manuel Rozados


Homenaxe ó incondicional seguidor 




O pasado 23 de  novembro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a homenaxe a Manuel Rozados, profesor do centro falecido o curso pasado.  Non me vou extender na loubanza da personalidade do compañeiro, xa que non vou mellorar o expresado no emotivo e sincero acto por compañeiros e alumnos, tanto mediante discursos, como fotografías, e un impresionante ambiente de emoción.
¿Cal é logo o motivo de esta entrada?  Moi sinxelo, Manuel Rozados foi, desde os principios do coro, un seguidor incondicional: sempre coa cámara, el e Elena, moitas veces a súa muller, e, por suposto, o seu sorriso.  Sempre disposto a botar unha man na organización de calquera concerto, cea para os intercambios, etc., da mesma maneira que participaba en moitas actividades do centro. 

Escribín o seguinte no álbum de fotos que os alumnos lle regalaron á familia con dedicatorias dos que quixemos, e gustoume comprobar que as diferentes intervencións na homenaxe expresaron a mesma idea en distintos momentos:  “sempre formarás parte do instituto mentres quedemos aquí as persoas que desfrutamos da túa compañía”.

Polo tanto, incondicional seguidor e colaborador, compañeiro e amigo, cada vez que o coro do Ies A Xunqueira 1 suba a un escenario, alí estarás ti, entre o público, coa cámara e o teu perenne sorriso, amosándonos que o esforzo dos ensaios produce o efecto desexado, proporcionar un rato de felicidade ó público, que é o que nos fai felices a nos.


sábado, 25 de junio de 2016

Presentación Disco








O sábado 25 de Xuño damos un novo concerto no Liceo Casino de pontevedra ás 8'30, para presentar o novo disco Son Xunqueira.

O repertorio do concerto inclúe tanto cancións que forman parte da historia do coro, como "Aleluya", pasando por outras máis recentes como " What a wonderful world" ou "Riversong"; ademáis de "Compañeira" , "To lemonaki" e "You raise me up", incorporadas o curso pasado.

O resto das cancións son arranxos e creacións de Josu Elberdin, que foron incorporadas este curso, incluindo unha maravillosa versión de "Tears in heaven", canción  que xa cantaramos antes.

Programa:
Tears in heaven
Aleluya
To lemonaki
Mare nostrum
Durme  pequeno  mar
Durme meu neniño
Compañeira
You raise me up
Riversong
What a wonderful world.

Esperamos que nos acompañedes unha vez máis.

martes, 19 de abril de 2016

Vídeos curso Elberdin e Liceo Casino

Os días 19 a 21 de Febreiro tivemos unhas  xornadas co profesor Josu Elberdin en Llanes, Asturias.  Foi unha experiencia extraordinaria, que compartimos cos nosos amigos do Coro Vicente Herrero de Valladolid, ser  dirixidos por este xenial director e compositor.  Aparte, aproveitamos un día para coñecer unha parte de Asturias onde visitamos o Museo do Jurásico e o Museo da Minería.

No eido musical, disfrutamos un sábado en xornada de mañán e tarde, e domingo pola mañán de ensaio con J. Elberdin.  Unhas xornada  moi especiales para todos, ao poder contar coas ensinanzas de un mestre que, con paciencia e unha admirable conexión cos adolescentes - conseguíndo manter a concentración de todos durante horas,  perfeccionando a interpretación e as coreografías dun repertorio totalmente seu.

Froito de esa experiencia, e de moitos máis ensaios desde entonces, esta actuación no Liceo Casino, que resultou moi satisfactoria tanto pola resposta do público, como polas cualidades acústicas e o entorno.

Remato  agradecendo  á directiva e administración do Liceo Casino as facilidades e a amabilidade.


Enlace vídeos

lunes, 28 de marzo de 2016

Concerto Liceo Casino.




Concerto Liceo Casino Pontevedra  

1 de Abril, 2016  8.30 horas


Durme Meu  Neniño

Durme pequeno mar

Tenras cancións de berce compostas por Josu Elberdin.



Compañeira

Compañeira nas noites de tristura, compañeira nas noites de esperanza, paso a paso de alento de tenrura, pedra a pedra no mundo a nosa casa.  Racharemos cadeas que nos prenden, ….  cantaban nos anos 70 Fuxan os Ventos. 
Canción de esperanza por un país máis libre, onde os dereitos se deberían conseguir pouco a pouco e entre todos.  Quizais, 40 anos máis tarde, necesitaríamos recuperar aquel espírito, para saír dunha situación difícil para a maioría.


I want to Be Ready

Quero estar preparado, para entrar en Xerusalem, igual que John. Un espiritual negro perfectamente recoñecible.


Outras tres cancións de Josu Elberdin

Mare Nostrum

O Mediterráneo.  Pode que ningún outro mar concentre no seu redor máis culturas diferentes.  Vía de transmisión de linguas, culturas, ciencia e comercio; tamén escenario de numerosas guerras ao longo da historia.  Tristemente convertido últimamente na desgraciada tumba de milleiros de persoas que fuxen da pobreza e das guerras.
Está composta por tres cancións populares de países ribeireños do Mediterráneo, unha grega, unha albanesa e outra exipcia.

Malakatumba

Parece unha palabra africana.  En realidade foi froito da inspiración para montar unha canción con ritmo e son africano, pero non parece que teña ningún significado.

Jubilate Deo

  En 1535, na Capilla Sixtina de Roma con Pablo III, encargóuse a composición da cantata Jubilate Deo omnis terra con ocasión do tratado de paz entre Carlos V y Francisco I de Francia; da cual, Tomás Luís de Victoria, moitos anos máis tarde, tomaría o introito para a súa Missa Gaudeaums.

O texto está sacado dolibro dos salmos.



Halelluja. 

Unha famosa canción de Leonard Cohen, na que o cantante expresa o seu amor pola música, ata que descubre que o amor da súa parella o atrae máis e non pode prescindir del.  Unha canción de amor con alusións bíblicas, que se popularizou non hai moitos anos ao converterse en parte da banda sonora da película Shrek.

Tears in Heaven.

¿ Collerías a miña man si te vira no ceo? ¿Axudaríasme a sosterme si te vira no ceo? Debo ser forte, e seguir adiante, porque sei que o meu sitio non está no ceo. Atoparei o meu camiño, a través dos días e as noites, porque sei que non me podo quedar aquí no ceo. O tempo pódenos abater, dobrar os nosos xeonllos?   Pero máis alá da porta, hai paz, estou seguro.  E non haberá máis bágoas no ceo.
Esta fermosa canción chea de tristura, tenrura e esperanza, compúxoa Eric Clapton na memoria do seu fillo de 4 anos, que morreu tras caer dende unha fiestra en 1991.


You Raise Me Up. 

Cando estou canso e a miña alma está triste, cando os problemas aflixen o meu corazón, espero en silencio ata que ves a sentarte comigo. E cando chegas e me enches de ilusión, ás veces sinto que contemplo a eternidade.  Se ti me animas e podo subir montañas, se ti me animas eu podo camiñar sobre mares tormentosos; son forte cando me apoio sobre os teus hombreiros; ti lévasme ata máis alá de onde podería chegar.

Esta canción ten o súa orixe nunha das máis representativas cancións da cultura popular Irlandesa, recollida en 1910, titulada Danny Boy. E tan popular, que se chega a cantar en acontecementos deportivos internacionais en Irlanda do Norte.

Dous enlaces para escoitar esta canción:  hay motivos máis.




jueves, 18 de febrero de 2016

Curso Coral Llanes- Josu Elberdin




Coro A Xunqueira- Coro Galileo

Febrero 2016

  • DÍAS 18 AL 21 DE FEBRERO
    • Salida el jueves 18 a las 15:00
    • Llegada domingo 21 a las 21:00
  • PLAN DE TRABAJO
    • Jueves 18: Llegada a Llanes cena y velada de convivencia
    • Viernes 19: Excursión: M.U.J.A., Mu.Mi., Llanes, Lastres, Ribadesella, Oviedo. (ruta por determinar)
    • Sábado 20: taller coral con Josu Elberdin.
    • despertar vocal, técnica vocal, ensayo por cuerdas, montaje de repertorio, coreografías…en jornada de mañana y tarde.
    • velada de convivencia
    • Domingo 21: taller coral con Josu Elberdin
    • despertar vocal, montaje de repertorio.
    • comida y despedida

    • ALOJAMIENTO

      Estaremos alojados en el albergue “Juventudes” de Llanes, que forma parte de la Red Nacional de Albergues Juveniles y es gestionado por la Escuela de tiempo libre Caracuel, que tiene varios albergues de la red Nacional en la zona Noroeste.


      Compositor: Josu Elberdin
      Josu Elberdin
      Pasaia, Guipúzcoa 1976

      Nacido en 1976 en Pasaia, realiza sus estudios musicales en el Conservatorio de Grado Medio de Pasaia, donde obtiene los títulos de profesor de Piano y Canto. Es a su vez diplomado en Educación Social por la UPV (Universidad del Pais Vasco)1997.
      Desde 2000 es profesor en la Escuela de Música Municipal de Pasaia, impartiendo clases y conduciendo o colaborando con varias agrupaciones corales o instrumentales. Es además organista de la Parroquia de Nuestra Señora del Carmen de Trintxerpe desde 1991.
      En el campo de la composición, son reseñables las obras Obligadas para varias ediciones del Concurso Internacional Infantil y Senior de Masas Corales de Tolosa.
      Su música, muy centrada en el ámbito infantil, ha sido puesta en escena con asiduidad en formato de cuento musical pudiendo destacar varias obras con formato sinfónico. Ha recibido encargos de varios ciclos musicales de envergadura y de los coros más prestigiosos de todo el estado. Aunque sus obras son de carácter eminentemente coral, cuenta con una gran producción de obras de carácter sinfónico, pop-rock o instrumental.Página personal del autor
      Blog de Josu Elberdin

martes, 22 de diciembre de 2015

Concerto Nadal 2015

O próximo 28 de Decembro- e non é unha inocentada- celebraremos o tradicional conceto de Nadal, no Teatro Principal.
A data non é habitual, pero parece que este ano hay moitas actividades e foi o único día que poidemos conseguir.






PROGRAMA





O repertorio está composto por unha mistura de cancións de anos anteriores e novas cancións, nas que non faltarán o tradicional apoio instrumental, alguhna divertida coreografía e variedade de estilos.




jueves, 10 de septiembre de 2015

Concerto Camiños

Dentro dos actos da Fundación do Camiño Portugués, o sábado, día 12, ás 8.30, actuará o noso coro no Teatro Principal, xunto co Dúo Rex.

Repertorio:

1-To lemonaki- Canción popular de Grecia.
2-Omnia Vincit Amor- 
3-Compañeira.
4-Da Rosa rosiña.
5-You Raise me Up.
6-Pequeño Mar.
7-Agnus Dei.
8-Halleluja- Leonard Cohen.


*A entrada é gratuíta según últimas noticias.


jueves, 2 de julio de 2015

Intercambio Ies María Guerrero(2)

El pasado 19 de Junio, recibimos a los miembros del coro Ies María Guerrero de Collado-Villalba, Madrid, con quienes pasamos 3 días inolvidables, entre ensayos, conciertos, excursión a Baiona, Sta. Tecla, Tui; donde, aparte de compartir un estupendo día de paseo y playa, tuvimos la ocasión de visitar la Carabela La Pinta, la Fortaleza Conde de Gondomar y la parte vieja de Baiona; así como Sta. Tecla, donde Milagrosa nos dio una lección breve y entretenida sobre uno de los castros mejor conservados de Galicia.
Para terminar, visitamos Tui, donde cantamos una canción en el palco municipal y otra en las escaleras de la catedral, que sorprendió e incluso emocionó a más de un paisano y varios peregrinos que nos escucharon y no esperaban tal regalo.

Quedamos encantados con la experiencia y ellos también nos reiteraron su satisfacción en la despedida, tras visitar el museo de Pontevedra, donde también cantamos Compañeira y Te quiero, las dos canciones comunes.

Aquí el enlace a los vídeos de la actuación en el Auditorio de Pontevedra (espero poner pronto el del museo):

 Intercambio con Ies María Guerrero: Concierto.

Vídeo Canciones conjuntas museo

Montaje.